É un paxaro moi abundante nos campos galegos, sobre todo por onde hai terras de labor e árbores. É moi fácil de recoñecer polo seu rabo longo e as plumas brancas e negras con irisacións azuis e verdes. Aliméntase de insectos, vermes, miñocas, grans, pebidas, cobras pequenas, ovos de outros animais, etc. Ten un berrar moi típico e cando se xunta unha bandada producen un forte balbordo. Fai o niño de garabullos nas árbores. Chega a Galicia en grandes bandadas todas as primaveras procedente de África, a onde volta no outono fuxindo do frío. É fácil de identificar polas súas cores: azul escura a parte superior do corpo, a inferior branca e a testa e a gorxa vermellas. Tamén é característico o seu longo rabo rematado en dúas afiadas puntas.É difícil vela pousada na terra, normalmente voa a rentes do chan a grande velocidade para pillar insectos. Fai o niño na parte superior das paredes, xunto ás madeiras do teito, con pallas e herbas mesturadas con lama deixando un oco pola parte superior.