A MULLER DE BOA PAZ Era un home u unha muller, e a muller era de tan boa paz, que nunca o home a vira incomodada. Por máis que fixera, ela sempre lle daba a razón. Un día, o home viña do monte coa burra (con perdón), e, para metela na casa, quixo metela do revés, co rabo para a casa e a cabeza para fóra, para ver se a muller, que estaba na cociña, se incomodaba. A muller estaba oíndo como o home lle dicía á burra que entrase e, como a burra non quería entrar. E ela, calada, sen dicir nadiña. Pero vendo que pasaba o tempo e o home non daba metido a burra, saíu, e con moito cariño, díxolle á burra, tirándolle polo rabo: -Entra, burriña, entra desta vez polo rabo, que polo fociño xa tes entrado moitas veces.