Fíltranse imaxes dun smartphone de HTC cunha cámara frontal de 13 Mpíxeles Vese que algúns fabricantes están a tomar moi en serio o fenómeno das auto-fotos, e é de agardar que nos vindeiros días poidamos ver a presentación oficial do HTC Desire Eye, un smartphone con pantalla Full HD de 5,2 polgadas, procesador Qualcomm Snapdragon 801 de catro núcleos a 2,3 GHz , 2 Gb de RAM, 32 Gb de almacenamento interno, resistencia á auga (IPX7) e batería extraíble de 2.400 mAh que non destacará especialmente se non fose porque tanto a súa cámara frontal como a traseira teñen unha resolución de 13 Mpíxeles, converténdose no que definen como o “teléfono selfie definitivo” . Para incidir nesta vocación polas auto-fotos podemos ver que este novo smartphone incluso incorpora flash na súa cámara frontal, de feito que pese a que estamos ante un dispositivo de gama media (que é de agardar que teña un prezo bastante axustado), cóidase moito o apartado fotográfico. É posible que este produto se presente oficialmente o vindeiro mércores, cando tamén se agarda a presentación de RECamera , a resposta de HTC ás cámaras deportivas tipo GoPro.