Microsoft presenta a súa batería externa portátil máis potente Nos últimos anos Nokia comercializou numerosas baterías externas para dispositivos móbiles, pero agora que a compañía forma parte de Microsoft comezan a abandonar a marca finlandesa, de xeito que a súa nova batería portátil recibe por nome Microsoft Portable Power (ou DC-21), e trátase dunha batería cunha capacidade de 6.000 mAh, que pode cargarse até o 80% en 3 horas e totalmente en 4 horas, destacando especialmente por ofrecer unha saída de corrente por micro USB de até 1,5 amperes, de xeito que cargaría smartphones á mesma velocidade cun cargador de parede. Porase á venda este mesmo mes a un prezo de 39 euros. Esta batería externa que comercialízase en cor laranxa, verde ou branca mide 99,5 x 43,9 x 25,4 milímetros, pesa 145 gramos e inclúe un cable de 25 centímetros. O dispositivo presume dun reducido consumo en espera, de xeito que podería manter a súa carga durante meses, comentando dende Microsoft que tras 6 meses podería chegar a conservar até o 80% da súa carga , de xeito que reduce a posibilidade de deixar tirado ao usuario no momento no que máis precisa unha recarga en mobilidade. O Microsoft Portable Power pode cargarse á vez que ten un smartphone conectado, de xeito que dá prioridade á achega de carga ao teléfono, pero que reduce os tempos de carga de ambos trebellos. O novo accesorio chegará ao mercado en 3 cores distintas