Bloomberg asegura que o iPad Air terá versión dourada Espérase que este mes chegue a agardada renovación do iPad Air, e aínda que entre os rumores que había até o momento falábase moito dun posible iPad con pantalla de 12,9 polgadas, orientado a usos profesionais, que agora coméntase que podería adiar o seu lanzamento até 2015, de xeito que nas vindeiras semanas Apple principiaría unha estratexia moito máis conservadora para relanzar as vendas dos seus tablets: ofrecer novas cores. Segundo Bloomberg, Apple estaría a preparar a incorporación dunha versión dourada á familia do iPad , que actualmente se limita ás cores prata e gris espacial, mentres que os últimos iPhone 6 si contan co ouro entre o seu abano cromático. Outros elementos que poderían achegar máis ao novo iPad Air e ao iPhone 6 serían a integración de NFC para pode empregar Apple Pay e o sensor Touch ID para recoñecer as pegadas dixitais do usuario. Estas posibles novidades non chegarían a través de filtracións, senón da análise da última versión de proba de iOS 8.1, que incluiría evidencias desas características, quedando agora que Apple as confirme nunha presentación que podería chegar en poucas semanas e na que tamén podería ver a luz un agardado iMac con pantalla Retina.