O CNTG acolle a finais de outubro un seminario técnico sobre xestión de VMware vSphere O Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG) vai acoller o vindeiro 31 de outubro, en horario de 9:30 a 13:30 horas, un seminario técnico sobre administración de VMware vSphere . Segundo informa a dirección do centro, a sesión diríxese a achegar coñecementos técnicos ligados á administración da devandita plataforma de virtualización de servidores. Coñecementos vencellados ás funcionalidades da ferramenta, o seu control, a recuperación da información, fronte a desastres, recursos para o mantemento dunha nube pública ou privada, etc. Durante o seminario proxectaranse vídeos e faranse demostracións para ilustrar as posibilidades destas tecnoloxías. A actividade diríxese sobre todo a administradores/as e enxeñeiros de sistemas, responsábeis de sistemas ESXi e vCenter Server e, en xeral, calquera profesional TIC interesado/a na temática. O relator da xornada será Pedro José Canela Torres, enxeñeiro técnico de telecomunicacións, instrutor oficial de VMware (VCI level 2) e con experiencia profesional no desenvolvemento de labores de soporte, consultoría e formación especialmente nas áreas de almacenamento, virtualización e centros de datos. No referente ao eido virtual, Pedro conta cunha ampla experiencia en contornas VMware, estando acreditado coas certificacións VCP-DCV (VMware Certified Professional – Data Center Virtualization) e VCAP-DCA (VMware Certified Advanced Professional – Data Center Administration). Para consultar os contidos do seminario ou inscribírmonos, cómpre acceder á sección de acontecementos da web do CNTG .