Homenaxe ao grupo A Quenlla Redacción.- A Quenlla recibirá en Meira, o día 21 de setembro, unha homenaxe que organiza a Asociación Cultural Xermolos. O grupo será distinguido por unha traxectoria que suma xa 30 anos nun xornada cuxos escenarios serán o Pedregal de Irimia e o centro da vila. Miro Casabella, Tino Baz ou Xiana Lastra son algún dos artistas cuxa actuación está anunciada para ese día. O programa é coma segue: “No ir da dignidade” 12:00: Reunión de participantes no PEDREGAL DE IRIMIA (Meira-Lugo) 12:15: Lectura Manifesto de AFIRMACIÓN NACIONAL (autor: Baldomero Iglesias,Mero) 14:00: Xantar de Irmandade. 18:00: Homenaxe ao grupo A QUENLLA (30 ANOS A LOITA LIMPA E CANTO CLARO). HABERÁ DISTINTAS INTERVENCIÓNS DE PERSOAS E COLECTIVOS. Para o xantar (custa 25 €) debedes avisar aos tfnos: 646413890 676219418 636032750 A Voz de Vilalba