Manuel María, por David Otero Manuel… Van aló dez anos e as sonoridades da absoluta querencia e por ti acariñan preservando a nosa memoria (e sempre), a que se reforza e determina na palabra… túa e nosa… popular e nacional. E hoxe aquí concorremos sen nostalxias e tal abrazo primoroso compañeiro esgazando tanta maledicencia… Vai a pronunciar amorosa do teu nome…Manuel (e proclamando) Afirmándote así en vida sempre. Afirmándote así en obra sempre. Pois soamente nós envellecemos e danos medo Manuel…esta Galiza tan deixada de si…momificada, e vendo ir polo máis dentro dos nosos corpos as arañas tan cabronas e triunfantes chuchándonos esencias…baleirándonos. E por riba nós, Manuel…, resignados tan delicados… perante dese falsificar e roubo tan democráticamente dámoslles a palabra… para que nos poñan… un contra un… e consentirlles así o noso esfarelamento… a compases de múltiples retiradas. Para cando pois Manuel… o saber dos nosos ventos ceibes, o saber das luces estreladas, o saber do canto do noso pobo, para que así xurda comunal o brado puro e consentido na casa da flor vermella… Liberada… A Voz de Vilalba