Entroido de verán Redacción .- O 16 de Agosto as 17:00 H, dará comezo o Entroido de Verán de Vilalba. Será na parte peatonal da Rúa Basanta Silva, e está organizado polos locais de hostalaría: Tamanaco, La Casa del Lobo, La Bujía e 31 do DEZ, coa colaboración do Concello de Vilalba. Dende as 17:00 H, teremos animación musical na rúa, e o evento estará amenizado pola Charanga BCB. O Entroido contará cun concurso de disfraces, e cun desfile as 20:00 H. As bases pódense concultar nos locais organizadores, nas redes sociais do Entroido de Verán de Vilalba, ou na web do Concello de Vilalba. Para participar no concurso poderanse apuntar, ata o 16 de Agosto as 16:00 horas, nos locais organizadores ou no email: entroidodeverandevilalba@gmail.com No concurso establécense 3 categorías: Infantil, Adulto e Grupos ( 5 persoas ou máis ). E os premios para cada categoría son os seguintes: Infantil:  1º Premio: 50 euros 2º Premio: 25 euros 3º Premio: 15 euros Adulto: 1º Premio: 100 euros 2º Premio: 50 euros 3º Premio: 25 euros Grupos:  1º Premio: 250 euros 2º Premio: 125 euros 3º Premio: 75 euros A Voz de Vilalba