Dous sonetos para Xosé Chao Rego Xoan Xosé Fernández Abella.- HOME DE FE Home sinxelo e sabio, dunha inmensa cultura, dun corazón moi san, plenamente galego, filósofo, teólogo, biblista, sen apego de presunción algunha, que así é por natura. Con fe iluminadora, moi rexa, limpa, pura, -non hai lugar pró engano neste ilustre chairego-, percorre a Biblia enteira, con exemplar sosego, cun humanismo inmenso, comprensión e fondura. Ten unha fe de amor, esperanza e xustiza, unha fe regalada e na razón sostida, unha fe que xamáis, como fe, dogmatiza. Ten moi presente a Historia para entende-la vida, da relixión cristiá. Na Historia profundiza e sabe achar na Historia a luz apetecida. GALEGO UNIVERSAL Alto honor de Vilalba e de Galiza é o que dimana de Xosé Chao Rego, o noso ilustre e loitador chairego, no peito sempre a arela da Xustiza. Coa súa conduta á xente galeguiza, e aínda nos di que renaceu galego, el fainos renacer co seu achego, coa súa galeguidade non postiza. Libros da auga e lume, e do misterio, e da muller, da variedade humana, da nosa Lingua... Páxinas gloriosas! Pola súa riqueza soberana queda no corazón seu maxisterio, con sinais permanentes e vizosas. Os Tilos, 30 de xuño do 2.014 A Voz de Vilalba