A Voz de Vilalba acada o .gal Redacción.-   No marco da actual sociedade da información, o que non está en Internet non existe. O .gal é o dominio que nos corresponde como comunidade con fortes vencellos lingüísticos, culturais, históricos e sociais. Unha especie de sufixo co que identificar en Internet as páxinas escritas en galego e que se dirixan á sociedade galega nas súas comunicacións en liña que, tendo en conta a nosa dispersión no mundo, non se circunscriba a un ámbito territorial concreto. Co obxecto de garantir a estabilidade e funcionamento do dominio .gal, o período comprendido entre o 1 de xuño e o 11 de xullo permitiu que un grupo reducido e significativo de dominios quedaran dispoñibles para a sociedade galega. O programa Pioneiros ofertou aos potenciais reservadores de dominios .gal a posibilidade de rexistrar e comezar a usar o dominio uns catro meses antes do período de rexistro xeral. Deste xeito poden dar a coñecer os seus produtos ou servizos, fomentando ao mesmo tempo un interese e unha expectación no público arredor do dominio .gal, e favorecéndose dunha publicidade adicional. No seu permanente compromiso coa lingua e coa cultura galega, A Voz de Vilalba foi unha das noventa e tres organizacións merecedoras do dominio .gal dentro desta fase, tal e como se anunciou esta mañá en Compostela por parte dos máximos responsables da Asociación PuntoGal, nun acto celebrado no Museo do Pobo Galego. Polo tanto, www.avozdevilalba.gal será unha realidade a partires do vindeiro 25 de xullo. O número de solicitudes presentadas ao programa Pioneiros foi de 134, superando ampliamente as prazas dispoñibeis; as candidaturas foron seleccionadas segundo criterios de representatividade na sociedade, en función da contribución ofrecida ao lanzamento do .gal e garantindo que todos os sectores sociais estiveran representados. A comunidade galega no mundo, con máis de catro millóns de persoas, a nosa lingua e a nosa cultura teñen agora unha marca propia coa que identificar todos os contidos que xeramos na Rede e, así, facernos máis visibles dentro deste espazo de comunicación global. A asociación PuntoGal é unha entidade sen ánimo de lucro constituída por entidades de todos os ámbitos da sociedade galega coa finalidade de preparar, promover e presentar a candidatura para a consecución do dominio .gal para o noso país. Os ingresos producidos pola xestión do rexistro do dominio .gal dedicaranse ao mantemento do dominio e, no caso de que se produzan beneficios, serán reinvestidos en fomentar a lingua e a cultura galegas no ámbito das novas tecnoloxías. A seguir publicamos a listaxe completa de enderezos, por orde alfabética: · 25dexullo.gal Xunta de Galicia · academia.gal Real Academia Galega · adega.gal Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza · aetg.gal Asociación Enxeñeiros Telecomunicación de Galicia · agasol.gal Asociación de Empresas Galegas de Software Libre (AGASOL) · age.gal Alternativa Galega de Esquerda · amesa.gal A Mesa pola Normalización Lingüística · amigosdopatrimoniodecastroverde.gal Asociación Cultural Amigos do Patrimonio de Castroverde · anova.gal Anova - Irmandade Nacionalista · ascatedrais.gal Concello de Ribadeo · atriga.gal Axencia Tributaria de Galicia · avelinodiaz.gal Hadrián Fernández Eiros "Ardao Eiros" · avogacia.gal Consello da Avogacía de Galicia · avozdevilalba.gal A Voz de Vilalba · axendadixital.gal Xunta de Galicia · bng.gal Bloque Nacionalista Galego · cabana.gal Cabana Bergantiños · cambre.gal Cambre · carballo.gal Carballo · castrelo.gal Castrelo de Miño · catedraldesantiago.gal Catedral de Santiago · ccoo.gal CCOO de Galicia · celta.gal Real Club Celta de Vigo S.A.D. · cesga.gal Fundación Centro Supercomputación de Galicia · cidadedacultura.gal Cidade da Cultura de Galicia · clustertic.gal Cluster TIC de Galicia · codigo.gal Grupo Código Cero Comunicación · compromiso.gal Compromiso por Galicia · concellodemanzaneda.gal Manzaneda · consellodacultura.gal Consello da Cultura Galega · cpeig.gal Colexio Profesional de Enxeñeiros Informáticos de Galicia · crea.gal Asociación CREA directores y realizadores de Galicia · crtvg.gal Compañía de Radio-Televisión de Galicia · csif.gal Central Sindical Independiente e de Funcionarios de Galicia · ctnl.gal Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua · cultur.gal Jose Manuel Aldea Moscoso · cultura.gal Xunta de Galicia · deputacionlugo.gal Deputación provincial de Lugo · dinahosting.gal Dinahosting · editorialgalaxia.gal Editorial Galaxia, S.A. · elcorreogallego.gal Editorial Compostela, S.A. · fegamp.gal Federación Galega de Municipos e Provincias · feijoo.gal Partido Popular · fundacioncastelao.gal Fundación Castelao · fundacionislacouto.gal Fundación Isla Couto · fundacionoteropedrayo.gal Fundación Otero Pedrayo · gadis.gal Gadisa Retail S.L.U. · galicia.gal Xunta de Galicia · galiciacalidade.gal Galicia Calidade · galiciaconfidencial.gal Xurimaru Servizos de Comunicación · galizacig.gal Confederación Intersindical Galega - CIG · goberno.gal Xunta de Galicia · isoc.gal Internet Society · lavozdegalicia.gal La Voz de Galicia S.L.U. · liceodenoia.gal Sociedade Cultural e Recreativa Liceo de Noia · lingua.gal Xunta de Galicia · mundo-r.gal R Cable y telecomunicaciones Galicia, S.A · museodopobo.gal Asociación Padroado do Museo do Pobo Galego · ordes.gal Ordes · oval.gal Cooperativa Santa María do Val S.C.G. · parlamento.gal Parlamento de Galicia · pgl.gal AssociaÇom Galega da Lingua (AGAL) · ponteceso.gal Ponteceso · pontevedra.gal Concello de Pontevedra · portaldaspalabras.gal Real Academia Galega e Fundación Barrié · ppdegalicia.gal Partido Popular · praza.gal Fundación Praza Pública · presidente.gal Xunta de Galicia · prolingua.gal Asociación Cultural Prolingua · psdeg-psoe.gal PSdeG · R.gal R Cable y telecomunicaciones Galicia, S.A · radiofusion.gal Emisoras Municipais Galegas · radiogalega.gal Compañía de Radio-Televisión de Galicia · rcdeportivo.gal Real Club Deportivo de La Coruña · redondela.gal Concello de Redondela · reizentolo.gal Rei Zentolo, S.L. · ribadeo.gal Ribadeo · sermosgaliza.gal Sermos Galiza, S.A. · snccoo.gal CCOO de Galicia · socialistas.gal PSdeG · teleco.gal Escola de Enxeñaría de Telecomunicación · televisiondegalicia.gal Compañía de Radio-Televisión de Galicia · teo.gal Teo · turismo.gal Xunta de Galicia · udc.gal Universidade da Coruña · usc.gal Universidade de Santiago de Compostela · uvigo.gal Universidade de Vigo · valedordopobo.gal Valedor do Pobo · veciñosporlugo.gal Veciños por Lugo · vilardesantos.gal Vilar de Santos · xerais.gal Edicións Xerais de Galicia · xornalistas.gal Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia · xunta.gal Xunta de Galicia A Voz de Vilalba