II Xantar na Granxa Redacción.- O vindeiro 21 de xuño organízase en Beealia o II Xantar na Granxa, no que poderase degustar as carnes de cabrito e cordeiro en tres deliciosas receitas. Ademais, haberá excursións ás ganderías de La Cabreta e Veiga de Luaces e a súa contorna, onde poderán coñecerse como os pastos son a mellor base dun produto saudable para nós e para o medioambiente. Este ano contan coa colaboración dos amigos da Asociación Galega de Custodia do Territorio que axudará a entender os beneficios dunha gandería sostible. Máis información na web ou no facebook de Beealia. Inscripcións no 619 03 27 91 (Joan), ou enviando un correo electrónico a beealia@gmail.com indicando nome e un teléfono de contacto. A Voz de Vilalba