O teclado de iOS 8 podería chegar a suxerir os contrasinais dos usuarios Non conformes co BlendGate e a defectuosa actualización 8.0.1 do novo iOS, Apple continúa a demostrar que as estreas de produtos poden ser moi accidentadas, e agora están a dar conta dunha funcionalidade do seu novo teclado preditivo QuickType revelada nos propios foros de soporte de Apple , e que resulta preocupante a nivel de seguridade, xa que entre as predicións que amosaría o novo teclado do sistema aparecerían tamén partes dos contrasinais do usuario (e nalgún caso, contrasinais completos). Non hai dúbida de que estamos ante un grave problema para a seguridade e a privacidade dos usuarios , xa que faría visibles a terceiras persoas partes dos nosos contrasinais e afectaría tanto ao navegador web de iOS como a aplicacións de sistema que permiten a entrada de texto, polo que recomendan que, mentres Apple non corrixa este problema (o que podería facerse permitindo realizar un borrado selectivo de palabras recomendadas), recoméndase desactivar a predición de texto na configuración de QuickType.