Samsung pon á venda un monitor curvo de 27 polgadas Os televisores curvos de grande tamaño son unha tecnoloxía cada vez máis presente en feiras tecnolóxicas, que pouco a pouco van chegando ao mercado, e tal concepto envolvente tamén pode aplicarse a unha menor escala, de aí que Samsung comece esta semana a comercialización en EE.UU. do seu monitor SD590C que co seu panel curvo consegue un uso máis cómodo e cativador, especialmente para o consumo de multimedia e de videoxogos. Os novos monitores de Samsung chegan nun tamaño de 27 polgadas, teñen un elevado brillo (350 cd/m 2 ) e un elevando nivel de contraste (3.000:1). Tamén gozan dun impresionante son de dúas canles e 5 watts, aínda que o máis destacable é que conta cun modo especializado en videoxogos, que pode activarse cun único clic, e que optimiza as imaxes para detectar os cambios de escena, optimizar o contraste e mellorar a representación das cores. O Samsung SD590C ten unha resolución Full HD, un refresco de 60 Hz, una velocidade de resposta de 4 milisegundos, un ángulo de visión de 178 graos en vertical e horizontal e un prezo de venda de 429,99 dólares (338,81 euros). É de agardar que chegue a Europa en poucas semanas. A curvatura do monitor está pensada para o consumo multimedia e o uso de videoxogos