A vindeira fin de semana celebrarase o primeiro torneo galego de Super Smash Bros. para 3DS A vindeira fin de semana o Centro Ágora da Coruña vai ser o escenario dun novo evento de lecer alternativo para a mocidade, a segunda edición de Fun Factory Galicia , encontro no que van mesturarse actividades ao redor da banda deseñada e a animación xaponesas, a práctica de softcombat , partidas de xogos de mesa, rol e cartas e, como vén a ser habitual neste tipo de eventos, unha zona de videoxogos na que poder xogar libremente a distintos título e poder participar en diferentes torneos. O sábado pola tarde celebraranse torneos de Tekken Tag 2 , Mario Kart 8 , Pokémon , Tekken e Blazblue Continuum Shift Extend ; o domingo pola mañá poderase competir no clásico Bomberman ; e pola tarde, aparte de torneos de Street Fighter IV Arcade Edition e Dragon Ball Tenkaichi 3 , desenvolverase tamén un torneo de presentación do xogo Super Smash Bros. para Nintendo 3DS, que sae á venda o vindeiro venres. Os videoxogos centrarán numerosas actividades durante a segunda edición da Fun Factory Galicia