Premio de Gráfica Máximo Ramos 2014 O obxectivo do 23 Premio Internacional de Gráfica Máximo Ramos 2014, que se celebra con carácter bianual, é dar testemuño do dinamismo e pluralidade da gráfica actual desde a perspectiva da arte contemporánea múltiple e seriada. Condicións de participación e procesos admitidos - Poderán participar no certame artistas de calquera nacionalidade e país de residencia. - O certame está aberto a todos os procesos gráficos tradicionais ou experimentais, incluídos os dixitais, o vídeo, a fotografía e a instalación, con intervencións directas ou combinadas con calquera outro procedemento, sen condicións de tamaño. - Admítense polípticos, obras seriadas, probas únicas, variacións... - Cada participante poderá presentar de 2 a 6 obras pertencentes a unha mesma familia ou serie, ou unha soa obra seriada completa formada por varias pezas. Preselección: envío de dossier electrónico por mail entre o 15 de abril e o 30 de maio de 2014 a premiomr@centrotorrenteballester.com Máis información e formulario no documento adxunto en www.centrotorrenteballester.com 23 PMR 2014 Centro Torrente Ballester Rúa Concepción Arenal, s/n 15402 Ferrol (A Coruña) España A Voz de Vilalba