A APG elixe nova xunta directiva Redacción.- Esta tarde celebrouse en Compostela a asemblea xeral extraordinaria da Asociación de Periodistas de Galicia (APG) , na que Arturo Maneiro renovou como presidente para os vindeiros cinco anos. O resto dos integrantes da nova xunta directiva son Pepe Castro (vicepresidente), Javier García Sánchez (secretario), Luís Rivero de Aguilar (tesoureiro), Moncho Paz (vocal para comunicación e relacións externas), María Méndez (vocal para formación e desenvolvemento) e Virgilio Costas (vocal para novas tecnoloxías). Tamén forman parte da directiva os delegados da APG nas principais cidades galegas: Ana Fernández Roca (A Coruña), Alfonso Riveiro (Lugo), Juan José Feijóo (Ourense), Martín Fernández Vizoso (Pontevedra) e Octavio Rodríguez (Vigo). Na primeira reunión da directiva elixida pola asemblea establecéronse as directrices para fomentar a captación de novos socios para a entidade. Neste aspecto, a nova xunta mostrou como unha das súas preferencias as novas tecnoloxías “co fin de ter unha maior presenza e visibilidad en todos os ámbitos, desde a páxina web ás redes sociais”. Ademais da organización de eventos profesionais, presenza en foros e debates, a directiva da APG lembrou que en 2015 cumpriranse vinte anos do seu premio de xornalismo, bautizado como “Diego Bernal” tralo pasamento do recordado xornalista compostelano. Finalmente, a directiva acordou nomear a Ángel Botana, ex director da cadea SER, como presidente de honor da entidade.  _________________ Foto: Pepe Ferrín (AGN) A Voz de Vilalba